O alumno de 1º ESO Abraham Rodríguez segue a colleitar éxitos no seu deporte favorito, o atletismo. Hai unha semana conseguía colocarse no segundo posto no Campionato celebrado no Guillelme Brown e esta fin de semana foi o primeiro na súa categoría no Torneo organizado no Ben-Cho-Sey.
Na imaxe aparece no colexio portando os seus dous trofeos ao carón dos recortes do xornal.
Parabéns !!! …e a seguir…

Ourense, a 29 de novembro de 2011