Este ano fixemos o Belén con material de refugallo que fomos gardando. Empregramos botellas de plástico, vasos de yogur, cartóns do leite, vasos de plástico, fregonas, revistas, botes de bebida, … e todo o que se nos ocorreu.
Nel participaron alumnos dos distintos niveis educativos do centro: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Foi unha tarefa compartida por todos e que acadou un premio.
Si…. déronnos o primeiro premio ao mellor belén infantíl, unha categoría creada este ano por primeira vez nas dezaseis edicións que leva o concurso de Beléns organizado polo Concello de Ourense.
Moitas grazas a todos os que tivestes a ben compartir connosco o traballo. Parabéns a todos!!!!
“La Región ” do 23 de decembro de 2011 da conta disto
E tamén saímos nas novas do telexornal de TELEMIÑO. Aquí queda o enlace…
Noticia sobre os Beléns en Telemiño (23/12/2011)
E unha imaxe da entrega de premios no Salón de Plenos do Concello de Ourense o 3 de xaneiro de 2012
As imaxes do noso quédanvos nesta montaxe:
4/1/2012 La Voz, entrega premios Belén
4/1/2012 La Región, entrega de premios Belén

4/1/2012 Faro, Entrega premios Belén
3/1/2012 Entrega de premios en Telemiño


