Uns representantes da Concellería de Educación do Concello de Ourense achegáronse ao noso centro para facer entrega aos pais dos alumnos de 1º Ciclo de primaria dunha “Axenda de actividades para pais e nais 2012″.
Segundo palabras da Concelleira de Educación, Ana Garrido, “esta axenda quere ser unha ferramenta de información, reflexión e comunicación para todos os que compoñen a comunidade educativa e que están interesados no mundo da educación” …. “desta forma prodúcese a fusión do ensino regrado coa educación non formal, o que converte Ourense en cidade educadora”.
Algúns dos pais que chegaron no momento da entrega das axendas, fotografáronse para deixar constancia desta iniciativa do Concello.
Moitas grazas á Concellería de Educación por contar connosco!
