A luz de Belén chega a Cisneros

A “Luz de Belén” chegou ao noso Colexio grazas a os scouts Juan Cruz e Jero que a trouxeron despois de recollela de mans do Bispo da Diocese na Igrexa de Santa María Nai da cidade de Ourense o 21 de decembro de 2009.

Esta actividade está organizada pola Asociación de Scouts de Ourense  e pola Delegación diocesana de Infancia. O obxectivo e levar a paz de Xesús a todos os recunchos mediante unha luz que cada ano acende un scout na  cidade de Belén.

Unhas semanas antes de cada Nadal, un neno austríaco viaxa á gruta onde naceu Xesús en Belén para recoller a Luz da Paz. Despois, durante unha cerimonia ecuménica en Viena, distribúese esa Luz a representantes dos distintos países participantes.

Juan e Jero baixando a escalinata de Santa María Nai 

Os dous irmáns a piques de pendurar a “Luz de Belén” ao carón do Belén do Colexio

E como vedes, fixeron chegar a Luz da Paz de Belén ata o seu e o noso Colexio.  Nesa “Luz” prenderon as candeas distintos membros da Comunidade Educativa.

Dende aquí, grazas a Juan e a Jero e aos scouts de Ourense pola súa iniciativa e por compartila connosco

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: