MOSTRA DE COLECCIONISMO

O 1 de xuño de 2010 ás 12 da mañá a Concelleira de Educación de Ourense, Ana Garrido, acudía ao noso centro para inaugurar a Mostra de Coleccionismo de 2010.

É a primeira vez que en Cisneros se reúnen máis de 50 coleccións de obxectos do máis variado: selos, papel moeda, postais, broches, cunchas, adhesivos, bonecos, chaveiros, chisqueiros, marcapáxinas, rollas, mates, cránios ,insectos, pirañas, bolígrafos, reloxos de peto, avións, barcos, hóckey, medallas, rodas, cromos, … destacando polo seu traballo e elaboración as de filatelia  temática saídas do Taller

Foron recollidas por distintos membros da Comunidade Educativa: alumnos, ex-alumnos, profesores, pais,…

A Concelleira tivo palabras de ánimo para todos, resaltando a  posta en valor do traballo dos rapaces para expoñer as súas coleccións.  Despois intercambiou opinións con todos e cada un dos expositores.

Ao acto asistiu tamén o Presidente da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense, José Barros,que, como sempre, colabora connosco dun xeito desinteresado animando aos rapaces nos seus contacto co coleccionismo.

Unha agradable tarefa compartida!!!

 

Ana Garrido con algúns dos expositores

Ana Garrido con José Barros e  Beni López

Outra instantánea dalgúns expositores

 

O 16 de xuño de 2010 o Xornal Escolar – La Región dedícanos unha foto en cor na portada e unha páxina no interior.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: