MIL CORES

O sábado 19 de xuño de 2010 celebrouse o FESTIVAL INTERCULTURAL:  MIL  CORES – UN SÓ MUNDO na praza de Mariñamansa.

Representantes do Colexio na presentación do evento

Alí  reunímonos con grupos de distintos países nun evento organizado por San Pío X e os Scouts de Ourense; e como non podía ser menos, alí estivemos  con actuacións  musicais e patinaxe.
Ademais, como temos rapaces polifacéticos, os filatelistas impartiron un Obradoiro de Filatelia, e os arxentinos, fixéronnos un asado.

Temos que salientar a amable acollida que tivemos e a extarordinaria organización do evento; as actividades fóronse sucedendo de tal xeito que non houbo ningún oco libre ata a noite: festival infantil, obradoiros e xogos, gastronomía e o festival adulto.
Parabéns á organización polo ben atentidos, entretidos e divertidos que estivemos alí.

A prensa local da conta da rolda de prensa celebrada o 15 de xuño.
Ver prensa

As presentadoras do festival infantil co director de Cisneros

Javi “Jackson” e os seus rapaces

 

  Mirade ben! Os rapaces das dúas imaxes están no aire 
Black or White fíxo as ledicias de todos

 

  

David e Salomé interpretaron o Himno da Alegría enchendo de emotividade o entorno

E Sara e Paula bailaron para todos

 

 

 

 

Sara, Salomé, Paula, David e Juan Cruz, cantaron UN DÍA ESPECIAL
como colofón do festival no que tamén participaron alumnos de San Pío X 

 

Os subcampións provinciais deixaron abraiados aos asistentes 

O numeroso público asistente non perdeu detalle dos nosos  patinadores

 

 

 

Cisneros entrega un agasallo a Luis de San Pío X que di:
“Grazas por deixarnos compartie convosco UN DÍA ESPECIAL DE MIL CORES”

Abraham e Beni reciben unha lembranza pola  asistencia de Cisneros ao evento
A encargada de entrega foi a Concelleira de Benestar Social, Marga Martín

 Ademais a prensa recolleu o acontecemento

Aparecerán máis imaxes!!!!!

Paciencia!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: