Unha idea para a miña cidade

Concurso de debuxo infantil “Unha idea para a miña cidade”

A Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense convocou a primeira edición do Concurso de debuxo “Unha idea para a miña cidade”, dirixido ós escolares de 1º e 2º ciclo de Primaria dos centros educativos da cidade. O certame ten como finalidade fomentar que os nenos reflexionen e plasmen nun debuxo ideas ou proxectos de calqueira tipo que se poidan desenvolver en Ourense.

E para seguir o costume do noso centro, participamos… e o 22 de xuño de 2010 fomos ao Liceo de Ourense para recibir os agasallos polos debuxos presentados: alumnos seleccionados, irmáns, pais e profes.

Botade unha ollada ás imaxes nas que podedes ver algúns dos traballos e a o director Xeral de Emprego do Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, entregando os agasallos aos rapaces acompañado de dous membros do xurado.

Algúns dos debuxantes diante das súas obras

Os rapaces á espera…

Todos atentos a Barquero cando lía  a acta do Concurso

Recolleron os agasallos tan rápido… que non houbo tempo a fotografalos a todos…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: