HÓRREOS 3º ESO

Un grupo de alumnos de 3º da ESO do Colexio participaron no “III Certame Xentes, espazos e lugares 2011”. 

Está publicado na páxina web do Xornal de Galicia.com en dous formatos:  vídeo e en formato libro.

Aquí están os enlaces.

HÓRREOS

 

XEL 11 – CPR Cardenal Cisneros (Ourense): “Hórreos” from Proxectoterra on Vimeo.

Hórreos en formato libro

A súa participación consistiu nun traballo relacionado cos HÓRREOS coordinado por Marila. Xa tiveran contacto co tema hai anos da man do especialista no tema, José Arturo Fernández Araujo; dende aquí os nosos parabéns polo traballo, aos once rapaces que tiveron a intención de contribuír ao coñecemento da nosa terra, e  en especial aos que levaron o maior peso do traballo coas súas aportacións fotográficas e o seu esforzo: Paula Meixeiro, Javier López e David Álvarez.

Participaron trece centros galegos, sendo o Colexio “Cardenal Cisneros” o único da provincia de Ourense. Podedes velo en Certame

 

Tomamos as palabras do “Xornal de Galicia.com” para que vexades a idea do Certame.

“Unha invitación do Proxectoterra e o Xornal de Galicia a descubrir como fixemos e como estamos a facer noso este lugar no que o mundo se chama Galicia. Dirixido ao mundo da educación, Xentes, espazos e lugares quere contribuír a coñecer mellor como ao longo do tempo fomos construíndo o noso país e das pegadas que a nosa historia foi deixando no territorio. Unha chamada a aprender das boas e das malas actuacións no pasado e no presente, reflexionando criticamente sobre o noso patrimonio construído, sobre a tradición herdada e sobre as prácticas arquitectónicas e de ocupación do territorio de onte e de hoxe.

Durante séculos, o pobo galego foi construíndo minuciosamente o seu territorio dacordo aos principios da máxima racionalidade e respecto. Dun tempo a esta parte, asistimos a actuacións caóticas e irresponsabeis e a intervencións que non miden as súas consecuencias no contorno. O resultado deste xeito de actuar é o progresivo deterioro dos nosos espazos vitais.

Pero non debemos esquecer que o territorio galego posue aínda unha grande riqueza medioambiental e un patrimonio natural e construído de moitísimo valor. Velar pola utilización racional e responsable destes recursos, co fin de garantir que este patrimonio de todos poida ser transmitido a xeracións futuras, é o maior compromiso colectivo que cada xeración debe asumir.

O pasado e presente dos lugares que habitamos, as súas xentes e as actividades que neles desenvolvemos son o fío condutor desta proposta do Xornal de Galicia e do Proxectoterra. Un espazo de encontro no que compartirmos a visión que das xentes, espazos e lugares do país teñen os nosos escolares, e coa súa percepción do que entre todos estamos a facer poidamos mellorar a nosa visión de como entre todos estamos a construír Galicia.”  

(Texto de Xornal de Galicia.com)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: