DIA LIBRO 2012

O 23 de abril de 2012, un grupo de alumnos da  ESO desprazáronse á Praza Maior de Ourense, e alí, diante da Casa do Concello, participaron nas actividades para conmemorar este día especial.

Comezou coa lectura dun texto de “El Quijote” en once linguas diferentes por personalidades da cidade; o acto dirixido polo xornalista Alejandro Mínguez, deu a saída ao pintor catalán  especialista na obra e a súa relación cos valores humáns, Juan Queralt Blanch.

As linguas nas que escoitaron os case que 500 alumnos da ESO e Bacharelato que ateigaban a praza, foron español, galego, alemán, árabe ( lido polo profesor do noso centro Mohamed Salem Baha) , inglés, francés, portugués, en wolof (fala propia do Senegal lida polo pai dun alumno do nos centro, Ibrahima Djibril), italiano, rumano, ruso, grego  e marroquí.

A nota musical puxérona membros da Escola Municipal de Música; o acto rematou coa lectura conxunta en galego e castelán, á vez, de todos os asistentes.

Algúns dos alumnos  do centro coa Concelleira de Educación, Ana Garrido, e o pintor, Juan Queralt Blanch

Mohamed  facendo a lectura en árabe

Ibrahima Djibril, facendo a lectura en Wolof,  fala propia de Senegal

A prensa recolleu o acto

This slideshow requires JavaScript.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: