CARDENAL CISNEROS OURENSE

MOTECES

Posted on: Maio 14, 2012

Dentro do  MOTECES (Mostra de teatro de ensino secundario) alumnos da ESO acudiron ás 12.00h do día 14 de maio ao salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas .

Alí foron recibidos pola directota da Escola e a Coordinadora de actividades educativas do Concellería de Educación do Concello de  Ourense, Isabel Doval;  asistiron á posta en escea da obra titulada  “La última pirueta”  de  José Luís Alonso de Santos ( autor tamén de “Bajarse al moro” que foi pasada ao cinema).

Alumnos de Secundaria  do IES  A Carballeira representaron a obra que tivo a todos pendentes do seu traballo; todos ao saír louvaron o labor dos participantes e da súa profesora Margarita Varela: interpretación, vestiario, decorado,…

Aproveitando a ocasión, a “profe”  Ana lembrou que  a súa primeira interpretación no teatro foi sendo Viloeta na “La última pirueta” da man da mesma directora, Margarita.

Momentos moi entretidos para tomar contacto coas artes escénicas…

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar un comentario

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 244.410 visitas