II MOSTRA COLECCIONISMO

O 4 de xuño de 2012 tivo lugar a inauguración oficial da II MOSTRA DE COLECCIONISMO no Colexio “Cardenal Cisneros” de Ourense. Ao  acto asistiron  persoeiros da nosa cidade relacionados co coleccionismo:

Florencio de Arboiro (escultor e coleccionista de rodas de afiar), Xosé Paz (profesor e coleccionista de libros sobre Tagore),  Xosé Arturo Fernández Araujo (colecconista de  hórreos), Pilar Gallego (socia nº1 Sociedade Miño, filatelista), e José Barros, Presidente da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño.

Na entrada do centro o director, Benigno López, abriu o turno de palabra agradecendo a presencia dos convidados e destacando o númeor de coleccións que nesta edición pasa de 60.

Pasoulle a palabra a Marila Abad, coordinadora da exposición, que agradeceu aos expositores o seu traballo “sen vós,, os expositores, isto non sería posible”, pasando despois á presentación dos convidados pola orde de colocación: “… Maica e Arturo Fdez Araujo que teñen a maior colección de imaxes de hórreos coñecida…. José Paz, coa maior colección de libros de Tagore do mundo en todas as linguas… Marcelino Dalama Miranda, coleccionista de historias sobre o Colexio Cardenal Cisneros,… Florencio de Arboiro coa maior colección de rodas de afiar do mundo, … Pilar Gallego, vencellada a unha familia de coleccionistas, socia nº 1 da Sociedade Miño  e filatelista perseverante xa que , queimada  á súa colección nun incendio da súa casa, volveu retomala.. e José Barros coleccionista de selos dende moi curta idade  que segue coa afección  hoxe en día animando aos demais a facelo..”

Os irmáns David e Salomé Neira, membros da Orquesta Sinfónica de Galicia, puxeron a nota musical ao evento deleitando a todos coa súa interpreatción ao violín que foi moi aplaudida por todos.

A continuación procedeuse ao descubrimento dun selo postal do Colexio “Cardenal Cisneros”, outro acto para conmemorar os 50 anos da entidade na rúa Pardo Bazán.

Despois unha visita guiada pola mostra; máis de 60 coleccións aportadas por membros da Comunidade Educativa do Cisneros: alumnos, profesores, personal, país, nais, ex – alumnos,… constitúen una exposición de pequenos e grandes tesouros que cada coleccionista ten gardados e que ven  a luz nesta mostra.  Unha actividade colaborativa e interxeracional …

Unha xornada especial e diferente para toda a Comunidade Educativa que dende esta páxina agradece de novo a asistencia e a colaboración  prestada por todos.

Unha mostra de asistentes…  e algunha instantánea máis…

A Mostra de Coleccionismo no Xornal Escolar de “La Región” do 20 de xuño de 2012

Haberá máis imaxes…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: