Inauguración Exposicións Belén Bispado

Un grupo de cinco alumnos do Colexio de cinco países distintos acudiron ao Bispado de Ourense para presenciar  a  inauguración oficial da exposición:

BELÉNS DO MUNDO

que estará aberta ata o 7 de xaneiro de 2013.

DSC07047 (Copiar)Noemi, Tawana, Djihen, Sidi e Tiago  coa súa titora, Manuela e co Bispo da Diócese

Nela pódense ver Beléns elaborados en distintos materiais: barro, tea, madeira, cobre, folla de millo,… e tamén de tagua que chamou a todos á atención ( Por iso aclarámolo:  tagua, tamén  coñecida como noz de marfil ou marfil vexetal, é a semente da palma Phytelephas macrocarpa, que crece nos bosques húmidos tropicais da rexión do Pacífico, especialmente en Panamá, Colombia e Ecuador)

Proceden da Delegación de misións e de membros da Asociación de Belenistas de Ourense.

O bispo da diócese, D. Leonardo Lemos Montanet inaugurou a exposición acompañado por membros da Delegación de Misións e de membros da Asociación de Belenistas entre os que se atopaban o seu Presidente Natalio Blanco Sierra e o noso entrañable amigo (e alumno do antigo Cisneros), secretario da Sociedade, Jerónimo de Vicente.

Ano a ano a cantidade e calidade da exposición vai en aumento.

DSC07049 (Copiar)

Atendendo explicacións sobre os Beléns 

DSC07053 (Copiar)Co afamado Belenista Jerónimo de Vicente

Edición dixital “La Región”, 14 de decembro de 2012

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: