Novas ata 2011

Xaneiro 2011

Ourense Artístico

O 27 de xaneiro de 2011 alumnos da ESO fixeron un percorrido pola cidade… Ver máis

Visita ao Belén de Jerónimo de Vicente

Varios grupos de alumnos acudiron a visitar o Belén do “Mestre Belenista”  Jerónimo de Vicente… Ver máis

Aniversario de Mohamed

Imaxe do aniversario do alumno de Infnatil, Mohamed.   Ver máis…

O noso ex-alumno Marcos Pardo participou no casting de Operación Triunfo na cidade de Oviedo. No seguinte enlace tedes un anaco da súa participación.

Casting OT Marcos Pardo

Decembro 2010

Ourense acolle

Alumnos de primaria participan no programa “Ourense acolle” e…

Ler máis

Nadal 2010

Todo sobre o que fixemos no Nadal de 2010. Premede para velo…

Abril de 2010

24 de abril de 2010
Campionato Provincial de Patinaxe Artística

Un grupo de alumnos de Cisneros acada o subcampionato provincial de Patinaxe Artística…. Para ver máis…

15 de abril de 20010
Charla sensibilización medio ambiental

 

Alumnos do primeiro ciclo da ESO asistiron a unha amena Conferencia impartida por Ana Castro, que lles fixo reflexionar sobre o cambio climático.

A xornada de sensibilización escolar LIFE+ CAMBIAR O CAMBIO organizada por  Unións agrarias, non deixou indiferents a ninguén; iniciativas así, concienciarán aos novos cara a adquirir hábitos en pro da conservación do planeta.

5 ao 11 de abril de 2010

Alumnos do Colexio visitan a Exposición Filatélica que conmemora o Centenario da presencia dos Salesianos en Ourense.
Como foron distintos grupos, podedes ver as imaxes no seguinte enlace:

Ver imaxes…

 

Marzo de 2010

Alumnos da ESO acudiron á  Aula de Cultura de Caixanova para entrar en contacto con deportistas de élite da nosa cidade.
Ver máis.

Novembro de 2009

15 de novembro de 2009
JUVENIA 2009
Na “ JUVENIA 2009″, Exposición nacional de Filatelia Xuvenil, celebrada na localidade asturiana de Mieres do 6 ao 14 de novembro, participaron tres dos nosos alumnos representando á Federación Galega.
Santiago Rodríguez Suárez ía  como novel dado que no acadaba  a idade mínima para competir e por iso non ten puntuación.
Alejandro López Seoane e Juan Cruz González Fernández obtiveron o seguinte Palmarés:

González Fernández, Juan Cruz  coa súa colección “Entre Castillos de Hispania”:  Bronce
López Seoane, Alejandro coa súa colección “¡Bichos, a la mesa!:   Bronce Prateado
Recibiron os seus galardóns de mans de Francisco Gamallo, directivo da Federación Galega de Sociedades Filatélicas.
Parabéns….       Seguide  así

9 ao 15 de novembro de 2009
Exposición San Martiño 2009

O Colexio tomou parte moi activa na XIX Exposición Filatélica San Martiño 2009 celebrada na Aula de Cultura do Liceo de Ourense.
Dous profesores, catro alumnos (Juan Cruz, Alex, Santi e Jero) e catro ex – alumnos expuxeron as súas coleccións nesta edición.
A nota musical da mesma puxérona os irmáns David e Salomé Neira cos seus violíns.
Ademais case todo o alumnado pasou a visitada.

Imaxes do Colexio na San Martiño 2009

12 de novembro de 2009

Xogos tradicionais na Praza Maior

A Praza Maior da Cidade encheuse de cultura, xogos e oficios tradicionais coa Mostra de PAtrimonio Cultural Inmaterial que organiza o Proxecto Ronsel en colaboración coa Universidade. Algúns alumnos do centro pasaron por alí.

Imaxes dos alumnos do centro nos  Xogos Tradicionais

Maio de 2009

12 de maio de 2009

Premio II Concurso Ilustración Narración Curta

O alumno de 3º ESO, Cristóbal Pazos Rodríguez,   recibiu de mans do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o premio pola súa ilustración da narración curta ”Un piollo ou varios piollosos”. A súa obra enmarcada, un MP4 e o libro editado polo Concello no que aparece a súa obra foi o que acadou co seu traballo.
Parabéns!!!  Ver fotos. 

 

10 de maio de 2009

Final do Campionato Provincial de Tenis de Mesa

Os nosos alumnos estiveron participando no torneo de Tenis de Mesa dende comezos do curso escolar. Pasaron distintas fases e un grupo deles chegou  á final que se celebrou o domingo 10 de maio de 2009 nas instalacións do Paco Paz. Estiveron acompañados por Paula e  Mª José que non perderon detalle dos seus partidos.
Xiana e Noemi, alumnas de 4º da ESO, obtiveron medalla de Ouro e Trofeo na categoría cadete feminino.
E o noso equipo  mixto da categoría alevín- formado por Sarai, Santi, Abraham e Sidi-  acadou medalla de bronce e Trofeo.
O seu traballo deulle froito. A seguir deste xeito… Parabéns!!!!!!!!!!!!!!

Mirade as imaxes!!!!

Abril de 2009

27 de abril de 2009

Exposición Filatélica Cangas

O día 27 de abril de 2009, os asistentes ao Taller de Filatelia do Colexio, Juan Cruz y Jerónimo González, Santi Rodríguez y Alex López, acudiron a Cangas co gallo de visitar a Exposición Itinerante ”El Mundo de los Sellos” instalada no CEIP da localidade. Foron recibidos polo Comisario da Exposición, Antonio Lojo, e membros da Sociedade Filatélica-Numismática Canguesa, José Antepazo (Presidente), Beatriz Iglesias (Secretaria) e Lao Sotelo. Aproveitaron a ocasión para contemplar unhas mostras do patrimonio artístico, como a Colexiata e o famoso Cruceiro de Hío.  Ver fotos!!! e Nota de prensa
21 de abril de 2009

Visita ás  Termas de Outariz

Os máis peques do Colexio acudiron a visitar a zona termal de Outariz o 21 de abril de 2009 nunha actividade promovida pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.
Saíron da Praza Maior no “Tren Chu-Chu” e pasearon pola zona atendendo ás explicacions do guía. Chegaron encantados e con ganas de voltar. Ver fotos!!!19 de abril de 2009

Torneo de Xadrez

O domingo 19 de abril de 2009, tivo lugar na Casa da Xuventude a primeira fase do Campionato Escolar de Xadrez por Centros 2009 coa participación de un centenar de rapaces e 22 equipos representantes dos diferentes Centros de Ourense. Os alunos de primaria Alex, Xoan, Fran e Sidi participaron nel.   Ver fotos!!!17 de abril de 2009

Visita á Catedral de OurenseO 17 de abril de 2009, alumnos do primeiro ciclo da ESO fixeron un percorrido pola Catedral para poder admirar a súa beleza.
A actividade foi organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.  Ver fotos!!!16 de abril de 2009

Primeiros Auxilios e Obradoiro de Mosaicos
O 16 de abril de 2009 alumnos de ESO  participaron nunha charla de Primeiros Auxilios organizada pola  Concellería de Educación do  Concello de Ourense. Ver fotos!!!O 16 de abril de 2009 alumnos do centro  participaron nun “Obradoiro de Mosaicos” incluído na actividade  O Museo Arqueolóxico vai á escola organizado pola  Concellería de Educación do  Concello de Ourense.  Ver Fotos!!!

15 de marzo de 2009

Obradoiro de Arqueoloxía
O 15 de abril de 2009 alumnos da ESO participaron nun Obradoiro de Arqueoloxía incluído na actividade  O Museo Arqueolóxico vai á escola organizado pola  Concellería de Educación do  Concello de Ourense.  Ver fotos!!!Marzo de 2009
24 de marzo de 2009

Fernando Romay cos alumnos de Cisneros

O Concello de Ourense programou  unha conferencia a cargo do ex xogador de baloncesto Fernando Romay co obxectivo de transmitir a máis de 800 escolares de 12 centros da cidade a importancia do deporte.
Nacido na Coruña, foi xogador do Real Madrid entre os anos 1976 e 1993. Neste tempo, o equipo obtivo sete títulos de Liga, cinco de Copa do Rei e dúas Copas de Europa, entre outras. Tamén obtivo a medalla de prata coa selección española nos Xogos Olímpicos dos Angeles celebrados no ano 1984.

Un grupo de alumnos do noso centro acudiu á cita e puideron vivir inesquecibles momentos; Sarai foi a encargada de representar ao noso Colexio na rolda de preguntas e todos chegaron de volta co autógrafo do deportista.
Visitade a FOTOGALERÍA!

6 de marzo de 2009

As nosas alumnas de 3º ESO, Lúa Valiñas e Nerea Álvarez, participaron nun debate sobre temas de actualidade, organizado polos Amigos da Barreira. Fixeron realidade o dito de que falando enténdese a xente. Os xornais deron conta do acto: “La Región” y “La Voz de Galicia”

Febreiro 2009

3 de febreiro de 2009

A prensa de hoxe danos unha ampla información dos alumnos do Colexio, Joel Remeseiro (4º ESO) en Taekwondo e Abraham Rodríguez  (4º Primaria), Alex Rodríguez e Víctor Telmo (1º Primaria) en Atletismo. Os deportistas acadaron grandes éxitos nas últimas competicións. Os nosos parabéns polo seu traballo. Ver prensa Taekwondo e Atletismo

 

Xaneiro 2009


30 de xaneiro de 2009

DÍA DA PAZ

As 11 da maña celebrábanse no colexio os actos conmemorativos do Día escolar da Paz e non Violencia.
Todo o centro estaba perfectamente decorado cos traballos realizados polos alumnos de todos os niveis educativos. Os máis peques comezaron cunha cantiga enternecedora; seguiron os de ESO coa lectura de poemas feitos por algúns deles.
A continuación, e en colaboración coa Sociedade Filatélica Miño de Ourense, presentouse un selo de Correos adicado á Camelia. Fíxose pola proximidade significativa entre esta flor e Gandhi na honra do que se celebra o Día da Paz. O seu alcume ”Mahatma” significa ”Alma Grande” e a camelia de cor rosada significa ”Grandeza de Alma” na linguaxe das flores. Estiveron presentes o Presidente da Miño, José Barros e a Directora da Oficina Principal de Correos de Ourense, Leonor Otero. Tamén nos acompañou Arturo F. Araujo e pais e nais dos alumnos. A todos eles o noso agradecemento pola súa compaña.
Despois da interpretación do “Himno da Alegría” por David e Salomé ao violín, a solta de globos brancos culminou unha xornada chea de mensaxes de paz e tolerancia.
Ver Notas de prensa, Vídeo e FOTOGALERÍA

 
2 de xaneiro de 2009

ENTREGA PREMIO BELÉN

O Colexio Cardenal Cisneros, representado por tres alumnos (un de cada nivel educativo: Infantil, Primaria e ESO), recibe o premio do Belén no Auditorio. Na imaxe a foto de familia dos premiados acompañados de membros do xurado( D. Carlos García López e Jerónimo de Vicente da Asociación de Belenistas; Manuel Villar ,representante veciñal;D. Marcos Ferradás e Dª Rebeca Casado representante da Concellaría de Cultura). Tamén aparecen a Concelleira de Cultura Isabel Pérez e o presidente da Asociación de Belenistas, D. Natalio Blanco
 

Novembro 2008

29 de novembro de 2008

DEPORTE

Alex, Víctor e Abraham participaron o sábado día 29 de novembro no XIII Cross que se organizaba no Guillelme Brown.
Alí acudiron case 200 participantes e entre eles, Abraham quedou de 3º na súa categoría como se pode ver na imaxe na que aparece coa súa medalla. Os nosos alumnos seguen a acadar éxitos. Parabéns!

 

24 de novembro de 2008

PRENSA

Un artigo de D. José Paz Rodríguez, Profesor numerario da Facultade de Educación de Ourense, sae publicado hoxe no xornal “La Región”.
Nel fala do Valores Educativos da Filatelia e da os parabéns o noso Colexio pola actividade relacionada coa Filatelia que se desenvolve dende hai anos no centro. Tamén fai unha referencia ao noso cofundador, D: Xaquín Lorenzo “Xocas”.

Dende a nosa páxina agradecemos as súas agarimosas verbas. Ver enArtigo en Prensa

 

DEPORTE – CARREIRA SAN MARTIÑO

 O alumno de 4º de Primaria, Abraham Rodríguez, do Clube Academia Postal, participou con éxito na carreira popular San Martiño 2008 acadando o posto 713 na xeral e o 95 na súa categoría.

Os nosos parabéns.

EXPOSICIÓN SAN MARTIÑO

O Colexio ”Cardenal Cisneros” participa como invitado na XVIII Exposición San Martiño (mostra de coleccionismo) que se celebra no Liceo de Ourense do 10 ao 16 de novembro organizada polaSociedade Miño. Ademais son expositores os alumnos Santiago Rodríguez Suárez, Juan Cruz e Jerónimo Fernández Hernández e Alejandro López Seoane; tamén os profesores Benigno López Feijoo e Mª Elisa Abad Suárez.
Na inauguración oficial que tivo lugar o día colaboraron outros dous alumnos del centro, David e Salomé Neira, que deixaron abraiados aos asistentes coa súa interpretación co violín.

A todos eles os nosos parabéns polo seu traballo en prol da cultura.

Visitade San Martiño 2008 en Telemiño

DEPORTE

 O día 9 de novembro de 2008 acontece en Bérgamo (Italia)…
¡Subcampeonas de Europa e Australia de Fútbol Sala Feminino e premio á mellor porteira e mellor adestrador 😮 Clube Pavillón-Cidade das Burgas!!!!!!!
Na foto o equipo coas medallas; no centro superior está Nerea García.
Noraboa a todos pero… en particular a Nerea. É un pracer para toda a Comunidade Educativa poder compartir con ela un momento inesquecible!!!!!!!!

DEPORTE

 Nerea García, alumna de 3ºESO, participará como xogadora do Clube Cidade das Burgas na Copa Europea de Clubes de Fútbol Sala que terá lugar en Bérgamo ( Italia ) do 3 ao 9 de novembro. Os nosos parabéns e moita sorte!!!!

Outubro 2008

SAMAÍN E HALLOWEEN

 

 

Os alumnos de Cisneros celebraron o día 31 o Samaín e Halloween festividade de orixe celta. Coa axuda dos seus mestres os alumnos de infantil e primaria disfrazáronse para a ocasión adiantando unhas horas a Noite de Bruxas e a Festa das Cabazas.VerFOTOGALERÍA

 

SAKAPATÚAlumnos de distintos niveis educativos do centro foron o día 24 ao Auditorio para asistir á actuación do grupo Sakapatú facendo así un percorrido pola música andina. Atenderon ás explicacións sobre instrumentos musicais precolombinos e actuais. Unha interesante saída cultural. Ver FOTOGALERÍA

OS HÓRREOS CHEGAN A CISNEROS DA MAN DE X. ARTURO FERNÁNDEZ ARAUJO

O especialista en hórreos e ex alumno de Cisneros, X. Arturo Fdez. Araujo, achegouse polo centro para dar comezo a unha serie de charlas e obradoiros dirixidas ós alumnos do mesmo co gallo de deixar pegada neles e facerlles partícipes do seu interese pola conservación do noso patrimonio.

Rapaces de distintos niveis puideron ver maquetas e fotos de hórreos de distintos puntos do mundo ademais de ter ó seu alcance varias especies de millo. Un pouco de historia e utilidade dos cabaceiros completou o encontro.

Ver FOTOGALERÍA

EXHIBICIÓN DE CAPOEIRAProfesores da Escola ”NA GIN” fixeron unha demostración de Capoeira no patio do Colexio.Todos os membros da comunidade educativa estiveron moi atentos aos ”malabarismos” cos que nos deleitaron. Ver FOTOGALERÍA

 

13 Festival de CINE de OurenseOs alumnos de 3º e 4º da ESO acudiron ao Auditorio para ver a película ”Los Veraneantes” incluida no 13 Festival de Cine celebrado na cidade por invitación da Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

 

 

.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: