BELÉN 2012 CISNEROS

XVII CONCURSO DE BELÉNS OURENSE
Concellería Cultura Asociación Belenistas

 Premio Beléns Infantís

Os nosos alumnos cada ano sorpréndennos cun novo Belén. Nesta ocasión  está feito con piñas de piñeiro, abeto, ciprés, magnolia,… noces, castañas, coco, …

Un novo enredo que se veu completado coa auga que o percorre. Unha morea de novidades en canto a figuras: aparecen o afiador, as lavandeiras, os pescantíns, os lectores de xornais e contos, os cantores, as mulleres calcetando, ganchillando e palillando, o Taller de Filatelia, … e coma sempre o carro do Xocas e o canastro de varas.

Rapaces de doce nacionalidades distintas de Infantil, Primaria e máis a ESO foron os encargados de facelo; ademais acompáñano dunha copla con bos desexos para o futuro. Como non podía ser menos, é a base da tarxeta do Nadal 2012 porque leva un anaquiño de cada un deles para cada un de vós.

Compartímolo con todos …

Tarxeta-NADAL-2012-2web

Neste ano 2012

conservamos a tradición,

e o BELÉN de Cisneros

argallamos con ilusión.

Os nenos de infantil

co bosque nevado,

e o resto do Colexio

cos bonecos decorados.

Con piñas, noces e castañas

creamos o BELÉN

formando unhas figuras

que vos han sorprender.

 

¡Próspero aninovo

para  o que está por  chegar,

que aprendamos día a día

o xeito de mellorar!

26/12/2012 Belén en Voz de Galicia 

12-12-26-Voz-Belen (Copiar)

3/1/2013 Entrega premios Concurso Beléns na Voz de Galicia dixital

3/1/2012 Entrega premios Concurso Beléns en Telemiño

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: