Membros da Comunidade Educativa do Colexio “Cardenal Cisneros” participaron no Campionato Provincial de cross escolar, e o absoluto celebrado no Complexo Deportivo de Monterrei.
Alí puidemos ver o sábado 2 de febreiro de 2013, ao profesor de Educación Física, Juan Romero, participando na proba así como a Abraham Rodríguez de 2º ESO que competía por primeira vez despois da súa recente lesión.
Vímolo subir ao podio para recoller a medalla que o acreditaba como terceiro na categoría cadete da man do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Jesús Vázquez Abad, e tamén ao máis alto co seu equipo que foi o primeiro clasificado.
O domingo puidemos ver como Jonathan Alvear chegaba de segundo nos 60 metros e como Abraham Rodríguez cubría 300 metros cun crono de 42.38 acadando tamén o segundo posto.
Así nos gusta deportistas…
O Conselleiro fai entrega a medalla a Abraham
Os cadetes posan con Mario Guede e Jesús Vázquez
Juan a todo correr