Acto na honra de Rosalía de Castro

Alumnos do Colexio  “Cardenal Cisneros”  participaron nun acto de homenaxe á escritora galega Rosalía de Castro xa que o día 24 de febreiro celébrase  o seu 176 aniversario do seu nacemento; ademais o ano 2013 foi declarado ANO ROSALÍA por conmemorarse os 150 anos da publicación da súa obra “Cantares Gallegos”.

A escritora estivo “presente” no acto con libros que recollían a súa obra, unhas camelias que lembraban a súa casa Museo de Padrón incluída no “Roterio das Camelias” de Galicia e os debuxos feitos para a ocasión.

DSC08148 (Copiar)

Alumnos de Primaria e ESO leron fragmentos de “Cantares Gallegos” nas súas linguas natais aproveitando a interculturalidade do centro no que conviven quince nacionalidades distintas.

Así escoitáronse versos de Rosalía en galego, castelán, inglés, francés, portugués, rumano, árabe e wolof ( lingua de Senegal).  E para rematar, os máis cativos do centro cantaron:

“Adiós, ríos; adios, fontes;

adiós, regatos pequenos;

adiós, vista dos meus ollos:

 non sei cando nos veremos”

Alumnos e profesores fixeron un grande esforzo que desembocou nun acto emotivo do que deron conta os medios de comunicación como veredes.

Parabéns aos alumnos “lectores” e “cantores” polo ben que o fixeron, aos profesores pola súa colaboración inestimables e  aos espectadores pola súa inmellorable compostura.

Un traballo colaborativo e interxeracional (pais e nais de nenos colaboraron nas traduccións) para ensalzar á nosa escritora Rosalía de Castro no seu ano.

Unha escolma de imaxes

E saímos no TELEXORNAL da TVG

Tamén podedes velo na páxina web da TVG 

E no FARO DE VIGO do día 23 de febreiro salientan o noso traballo

13-02-23-FARO-Rosalia

Falan de nós na AGENCIA EFE

Tamén falan de nós en Panorama    hola.com

E en Ritmos árabes

En CANDAS 365 Diario digital de información global

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: