Día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller, 8 de marzo,  celébrase no 2013  na comunidade galega coa campaña “Sen mulleres bon hai Galicia” e centrará os seus actos na figura de Rosalía de Castro; entre os motivos de elixir á escritora está o feito de que este ano se celebre o 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos” que foi un punto de inflexión na historia da literatura galega ou o feito de que Rosalía fora unha defensora das mulleres reivindicando o papel feminino, o que a convirte nunha precursora do movemento feminino en Galicia (según palabras da secretaria xeral de Igualdade, Susasa López Abella.

Nós aportamos o vídeo dos nosos alumnos de distintos niveis educativos lendo a Rosalía en distintas linguas faladas no noso Colexio “Cardenal Cisneros”  tal e como se fixo para conmemorar o aniversario do seu nacemento. Quixeron porse diante da cámara un a un para poder escoitalo mellor.

Moitas grazas a todos polo esforzo realizado!!!!

Ademais, pescudando na rede atopamos cousas moi interesantes que compartimos con todos:

MULLERES GALEGAS RELEVANTES

RECURSOS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

unha recopilación de recursos elaborada por Mª Asunción García Álvarez mestra de CEIP Víctor Sáez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: