Día da Árbore e da Poesía

This slideshow requires JavaScript.

O 21 desenvolveron de marzo conmemorase o Día da Árbore e da Poesía e por iso no  Colexio “Cardenal Cisneros” decidimos facer algo moi especial. En primeiro lugar, e ao longo de varios días, os alumnos de todos os niveis  desenvolveron actividades relacionadas coas ábores: Infantil formou unha árbore acoubillando a numerosos seres vivos, os primeiros cursos de Primaria recrearon unha árbore cos beneficios que nos aportan, e o resto de Primaria e a ESO deseñaron fichas de distintas árbores e matos  que habitan a nosa comunidade.

Todos os traballos expuxéronse a entrada do Centro.

E día 21 ás 11:45h reuníronse para recitar poesías dedicadas á vexetación e en especial ao toxo, elixido como centro deste ano.

Poesías de Rosalía no seu ano: Uns versos de “Xigantescos olmos, mirtos” da obra Follas Novas, por recrear varios dos exemplares tratados polos alumnos. Foron lidos por Tawana, Alex e Víctor do 3º ciclo de Primaria.

Dhijen, de 6º Primaria,  leu  o poema  “Flor e dor” (na que aparece o tox) odo poeta ourensán Víctor Campio Pereira.

E para rematar Salomé de 4º ESO, a que leva por título “As floriñas dos toxos” da obra “Do ermo” de Noriega Varela.

Posteriormente a Sociedade Filatélica Miño de Ourense presentou un selo dedicado a esta planta e rematouse o acto coa canción “Alecrín”    deicada á flor do toxo, tamén chamada “chorima” como reza no selo.

Un acto participativo, colaborativo e no que se reuniron o presente e o futuro nun acto que ensalzou as árbores e a poesía.

Traballos Día da Árbore 2013

ARBORE

 

Podedes visitar a web da Sociedade Miño facendo  clic neste enlace  para ampliar información

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: