Adriana Ramos en Concerto Solidario

Adriana 6

A nosa alumna Adriana Ramos participou o sábado 6 de abril de 2013  nun concerto de “Solistas Solidarios” a favor da Asociación Down Ourense.

ADRIANA-Emilio

No escenario incomparable do Teatro Principal da cidade reuníronse un gran número de ourensáns que quixeron poñer o seu gran de area para colaborar no traballo da asociación ao tempo que escoitaban a uns artistas  que o deron todo pola causa.

Presentados por Ana Skette, foron aparecendo María Prol, Emilio Rúa, Adriana Ramos, Fernando Gabelo e As Cantareiras de Agarimo para amenizar a velada. Artistas en solitario e a dúo que deleitaron aos asistentes. Todo acompañado duns pases de imaxes que daban a coñecer o traballo de integración das persoas co síndrome de Down reallizado pola asociación.

E, como non, resaltar a actuación de Adriana, que a pesares das limitacións que lle puso a súa saúde este día,  fixo unhas interpretacións incribles que vos enlazamos para que as poidades disfrutar.

Aínda que o directo dos artistas non  se reflicte totalmente nas gravacións. Hai que velos en vivo e en directo!!!

Canción en Solitario   “Listen´´ de Beyoncé acompañada pola pianista María Domínguez Pérez

Dúo con Emilio Rúa  “Lela”

Adriana 5

Emilio Rúa, Adriana Ramos, María Prol e Ana Skette no escenario do Principal

???????????????????????????????

Aitana e Marila con Adriana ao finalizar o espectáculo

Máis  detalles en Tempo de Lecer Ourense

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: