DESCONTANDO CONTOS

O Grupo de Teatro do noso Colexio “Cardenal Cisneros” representou a obra “Descontando Contos” no Salón de Actos da Escola Municipal de Artes Escénicas o 3 de maio de 2013.

contos-teatro (53)

Os artistas con Ana e os técnicos da Escola de Artes Pablo e Ana

“Érase unha vez alumnas e alumnos de Cisneros que decidiron contarvos catro contiños moi, moi coñecidos…

Pero, para que a cousa non fose tan doada, a imaxinación colectiva e o traballo de improvisación,  permitiron crear a cadanseu a súa propia personaxe. Deste xeito Descontando contos converteuse nun xeito algo diferente de facer e sentir o teatro.

Agardamos arrincar dos vosos beizos o sorriso que nós conseguimos en cada ensaio, e desexamos que disfrutedes da obra o mesmo que nós facéndoa para vós.   

Que a maxia do teatro brille nos vosos ollos e aloumiñe por sempre os vosos corazóns.”

Así nos presentaba a obra a  profesora Ana Bande,  directora da obra, co agradecmento seguinte:

“A Roberto Vidal Bolaño (Letras Galegas 2013) e
a Sarabela Teatro  pola súa  imprescindible aportación a
este maravilloso universo chamado:  TEATRO”

E a verdade é que pasámolo moi ben. Os alumnos dos centros Filomena Dato, Ruxidoiro e José G. García ademais dos do noso colexio viviron momentos máxicos na representación.

35 - copia

Parabéns aos artistas Adriana, Aitana, Álex, Danna, Fran, Gabriela, Hemdan, Jero, Salomé e Yago,   porque en realidade  comprobamos que enchen o escenario (aínda que algúns xa o sabiamos).
Parabéns a Ana por saber crear nun grupo de alumnos de procedencias tan distintas un “Universo de ilusión”.
Grazas  por facernos sorrír a todos nós co traballo de todos vós.
Que a ilusión de hoxe vos faga compaña toda a vida!.

Díptico DESCONTANDO CONTOS   no que podedes atopar o reparto de actores e unha presentación da obra.
DIPTICO TEATRO

Neste enlace, imaxes nos camerinos

contos-teatro (67)

E no seguinte, unha selección de imaxes da obra

Outra selección de extrordinarias imaxes tomadas por Luz

25

E a obra “Descontando Contos”…

Grazas a Luz, Esteban e Lourdes por axudarnos a facer unha reportaxe tan completa, chea de imaxes que reflicten a ilusión do momento tan especial que compartimos con todos vós.

A prensa recolle a representación que se fixo dentro do programa de MOTECES: Mostra de Teatro Escolar ao que accedemos grazas a inestimable colaboración de Isabel Doval da Concellería de Educación.

La Voz de Galicia, 4 de maio de 2013

13-05-04-Voz-Contos

2013 Ano Rosalía

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: