POLICÍA NACIONAL

DSC09049 (Copiar)

A Comisaría da Policía Nacional de Ourense organizou o 15 de maio unha exhibición de medios policiais para estudantes da cidade. O acto enmarcábase no programa do Concurso Literario Escolar organizado pola Comisaría Provincial de Ourense, incluído no Plan Director de Mellora da Convivencia e Seguridade Escolar; nel  axentes da Policía impartiron charlas sobre os perigos das drogas, o acoso escolar, os perigos de internet, … Ao noso centro acudira Teresa.

O acto comezou coa entrega dos premios aos  gañadores do concurso literario, todos eles alumnos de entre 5º de Primaria e 4º da ESO de centros educativos de Ourense. E o segundo premio correspondeu a nosa alumna de 1º ESO Aitana Ramos González á que acompañamos no evento e desde aquí reiteramos os nosos parabéns polo galardón.

A exhibición de medios tivo lugar diante da Comisaría, e nela houbo explicacións sobre o  funcionamento das unidades Tedax de desactivación de explosivos,  o traballo dos guías caninos, cunha práctica de procura de billetes por parte dun dos cans adestrados.  Despois pasaron ao interior onde  tiveron oportunidade de coñecer as técnicas Policía Científica.

Unha experiencia que non esquecerán…

Telemiño Boca a boca

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: