Ollando os nosos artistas

O 30 de maio de 2013 un grupo de alumnos de Cisneros visitaron o Museo Municipal de Ourense, situado na Rúa Lepanto.  Alí atopábase instalada a XXIV EXPOSICIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA “OLLANDO OS NOSOS ARTISTAS”.

lectura museo (47) (Copiar)

Con que está feita a escultura???

lectura museo (52) (Copiar)

Preparados para ilustrar!!!

lectura museo (4) (Copiar)

Quen me conta o conto???

lectura museo (38) (Copiar)

Fotografando!!!

 Nun espazo decorado para a ocasión,  catro “artistazos” foron os encargados de enlazar calquera tipo de escrita coas manifestacións artísticas máis diversas, nun xogo de adiviñas, xincanas literarias, creacións plásticas e narracións animadas. Facendo unha visita lúdica entre diferentes obras producidas por artistas ourensáns, tendo sempre como referente un texto escrito, un conto tradicional, un artigo periodístico ou un poema.

Aproveitando a ocasión os alumnos puideron…

  • Descubrir os creadores ourensáns de distintas  disciplinas artísticas, a través das súas obras.
  • Estimular para a creación literaria tendo como estímulos a pintura, a escrita, a escultura e a fotografía.
  • Ter unha visión diferente da lectura.
  • Achegarse ao mundo da literatura dun xeito atractivo-lúdico.

Parabéns aos artistas que conseguiron que os nen@s tivesen unha xornada diferente na que puideron tomar contacto coa lectura dun xeito divertido.

Podedes ver o que aconteceu nas seguinte imaxes…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: