III Mostra Coleccionismo Cisneros

 O 10 de xuño de 2013 tiña lugar a inauguración oficial da III Mostra de Coleccionismo  de Cisneros. Asistiron ao evento José Barros, Pilar Gallego, Daniel Rodríguez e Julio Novoa, membros da Sociedade Filatélica Miño de Ourense, sen cuxa axuda a consolidación da Mostra non sería posible, ademais dos ex – alumnos como o experto en hórreos Arturo Fernández Araujo, e a fotógrafa creadora Asun Adá e o polifacético Juan Cruz González. Nesta ocasión contamos tamén co Belenista Jerónimo de Vicente que compartía con Pilar a súa escolarización no antigo Cisneros e Sara Dacal, representando á Concellería de Educación.

Grupo

Algúns dos expositores posando para a posteridade

Na mostra inclúense máis de 60 coleccións aportadas por distintos membros da Comunidade Educativa: alumnos, exalumnos, profesores, pais, nais, … que formaron un conxunto variado e entretido de curiosidades.

Resumindo, reúne á Comunidade Educativa de Cisneros entorno ao mundo do coleccionismo, unha actividad interxeracional e colaborativa compartida por todos na que se elixiu a colección, buscouse o xeito de lucila, atopóuselle  ubicación e  decorouse o entorno da mesma.

Permanecerá aberta do 10 ao 20 de xuño no Salón de Actos do centro e nela  poderanse ver diferentes tipos: filatelia, numismática, cartofilia, ademais de coleccións de cromos, miniaturas, chisqueiros, reloxos de sol, diademas, cunchas, bonecas, trofeos, coches, …. e algunha sorpresa máis.

DSC_0439 (Copiar)

 A nota musical correspondeulle a Salomé Neira a nosa alumna, membro da Orquestra Xoven de Galicia

DSC_0450 (Copiar)

No acto inaugural…

DSC_0451 (Copiar)

 O director, Benigno López, tomando a palabra para dar comezo ao acto….

DSC_0467 (Copiar)Sara , Marila, Jerónimo, Ángeles e  Arturo

Grazas as expositores por facelo posible unha vez máis!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: