Premio “Ourense sabe acoller”

O 18 de decembro conmemórase o Día Internacional do Inmigrante. No colexio xa se estivo traballando sobre o tema e aproveitouse para para participar no Concurso promovido pola Concellería de Educación “Ourense sabe acoller”.

Os alumnos pintaron debuxos relativos ao tema, contaron algunha historia nunha narración curta e tamén compuxeron poesías onde reflectían as súas vivencias e os seus desexos de acadar un mundo mellor.

E o traballo deu os seus froitos. En primeiro lugar fumos requeridos para asistir á celebración oficial que tiña lugar na Aula de Cultura de Novagalicia Banco coas autoridades locais e o Colexio recibiu un Trofeo pola súa participación; e ademais,  Alicia Rodríguez  Suárez de 5º de Primaria acadou o 1º Premio  no Concurso de Poesía coa seguinte composición titulada:
O RAP DA INMIGRACIÓN

Este é un RAP
moi divertido,
porque imos falar
de nenos coñecidos.

Do noso colexio
vouvos falar
porque alí ocorre
algo moi singular.

Acollemos brasileiros,
saharauis, romaneses,
españois, arxentinos
e tamén portugueses.

Todos os nenos
queremos a PAZ,
e sen non a conseguimos
podémonos enfadar.

Como Nelson Mandela
imos loitar,
por un mundo sen guerra
para todos igual.

DSC_0194 (Copiar)

Alicia recibiu unha “Tablet” e un trofeo de mans de Marga Martín Concelleira de Asuntos Sociais. 

DSC_0183 (Copiar)  DSC_0182 (Copiar)

Parabéns a Alicia como gañadora e a todos os participantes xa que grazas a eles o noso Colexio recibiu un galardón.

DSC_0207 (Copiar)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: