Con Rosalía no Liceo

Un grupo de alumnos da ESO participou no acto celebrado no Liceo na honra de Rosalía de Castro.

DSC_3792 (Copiar)

Para comezar, dirixíronse á Praza da Estrela para ver unha exposición sobre a imaxe da escritora continuando camiño ata o Liceo agasallando aos viandantes un marcapáxinas no que se resaltaba o Día de Rosalía.

Xa no Pazo de Oca-Valladares, entraron no Salón Nobre cos nervios a flor de pel. Estaba ateigado de persoas que desexaban render unha homenaxe a Rosalía, entre os que había escritores, poetas, actores, … asociacións culturais, …  Cisneros foi o único Colexio que estivo representado cun simpático e variado grupo que provocou entusiasmo no público manifestado cun forte aplauso trala súa actuación.

Procedentes de tres continentes distintos, cantan na honra de Rosalía en lingua galega. Eles mesmos, e os seus compañeiros de clase con dezaseis nacionalidades distintas,  compuxeron a letra que adaptaron á música da coñecida canción do cuarteto  A, B, B, A, máis coñecido como Abba, Mamma mía. Deste xeito Rosalía pasa a ser nai adoptiva de nove linguas distintas fusionadas de xeito sorprendente no galego. Ao remate, Noemi repartiu unhas camelias feitas polos nenos.

Deixar constancia que a profesora que os coordinou, Ana, recibiu parabéns de numerosas persoas polo traballo, así como Marila, Mª José e Beni que non se quixeron perderse a actuación dos seus alumnos.

DSC_0814 (Copiar)

O grupo camiño da Praza da Estrela ao pe dunha camelia

DSC_0827 (Copiar)

Na praza da Estrela con Xosé Lois González “O Carrabouxo”, o poeta Javier González e Susana García

DSC_0831 (Copiar)

Colaborando no reparto de marcapáxinas pola rúa

DSC_3810 (Copiar)

No escenario do Salón Nobre do Liceo:

Andrés, Dana, Alassane, Patri, Paola, Abraham, Álex, Laura, Roberto e Luz

Continuará…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: