Inauguración “El Mundo de los Sellos” en Cisneros

MUNDO SELLOS (74) (Copiar)

O luns 24 de marzo de 2014 tiña lugar a inauguración oficial da exposición filatélica “El Mundo de los  Sellos” no Colexio “Cardenal Cisneros” de Ourense.
Durante o curso 2013-2014 só instalarase en sete provincias, sendo Ourense a única galega onde estará. Chega á nosa cidade solicitada polo CPR Cardeal Cisneros onde permanecerá do 24 ao 27 de marzo de 2014.

Estiveron presentes no acto inaugural  o Delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez,  a Concelleira de Educación Ana Garrido, o presidente da FEGASOFI, Valentín Suárez, o director da Zona 1 de Correos, Anxo Pérez, os concelleiros Marinel Fdez. e Pepe Araujo, o inspector de Educación, Daniel Barata, a directora da Oficina principal de Correos, Leonor Otero, o Presidente da Sociedade Miño, José Barros, a Directora de Concepción Arenal, Rosa Pérez Diz, representantes do Liceo, da Asociación Limiar, filatelistas, ex-alumnos, profesores, …

Iniciouse o acto rendendo unha homenaxe a Adolfo Suárez e aos filatelistas que formaron parte da Comunidade Educativa de Cisneros, grazas aos que segeu viva a día de hoxe; tamén se lembrou ao anterior monitor que guiou as exposicións itinerantes, Felipe Villamartín.

As autoridades agradeceron ao centro o seu labor e animaron aos rapaces a seguir traballando neste mundo, e a participar na próxima JUVENIA que se celebrará no 2015 na nosa cidade.

MUNDO SELLOS (52) (Copiar)

O momento musical a cargo dos ex-alumnos  David e Salomé Neira, membros da Orquestra Sinfónica de Galicia emocionou aos asistentes.

MUNDO SELLOS (12) (Copiar)

Intercambio de agasallos entre representantes de Cardenal Cisneros, América López, y de FESOFI, Juan Carlos Blanco

O acto, compartido co CPR Concepción Arenal, continuou coa presentación de selos dos dous centros e dos debuxos dos alumnos premiados no concurso “Debuxa un selo da túa cidade”.

MUNDO SELLOS (68) (Copiar)

Se matasellaron cartas co fechador ambulante e fíxose un percorrido pola exposición.

MUNDO SELLOS (1) (Copiar)

Os asistentes compartiron uns aperitivos ao remate do acto onde se seguiu falando de filatelia.

La exposición en Ourense Dixital

La Voz de Galicia, 25 de marzo de 2014

14-03-25-Mundo sellos-Voz

14-03-25-Mundo sellos-Voz2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: