Cisneros na presentación de Marca España

Marca España (18) (Copiar)

O 18 de marzo de 2015 tres alumnos de Cisneros, Adji, Nadia e Renaldo, de tres continentes diferentes acudiron á Oficina Principal de Correos da Ourense para asistir á presentación  do Libro “Marca España” editado por Correos; á chegada foron recibidos pola directora da oficina, Leomor Otero.

No acto deu a benvida o xefe Comercial do a Zona 1 de Correos, Juan Branco Treus, que falou sobre a emisión dos selos Marca España e como a súa difusión por todo o mundo axuda a dar a coñecer os nosos valores, que nos fan reconocibles en todos os países. A continuación, Marila Abad, membro da Sociedade Miño, en representación de FEGASOFI, fixo unha breve reseña do valor educativo da filatelia, sinalando que os selos despois de uso postal eran “reciclados” para que os mozos incrementasen os seus coñecementos en distintas materias.

Tamén contou que en Cisneros empregábase desde hai anos a filatelia como ferramenta educativa e sinalou que   coleccións realizadas por alumnos do centro en distintas materias estarán presentes na próxima JUVENIA, Campionato de España de Filatelia Xuvenil, que se celebrará en Ourense do 18 ao 25 de abril.

Pechou o acto o Subdelegado do Goberno, Roberto Castro, que centrou a súa intervención sobre a “Marca España” como concepto e no contexto da presentación do libro.

Toda unha experiencia para os nosos alumnos.

Marca España (20) (Copiar)Ademais Nadia aproveitou a ocasión para enviar unha carta ao seu pai que levou un cuño coa imaxe da Fonte termal das Burgas. Xornada completiña…

Marca España (22) (Copiar)

Nadia estampó el matasellos

Marca España (25) (Copiar)Orgullosa con el envío…

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: