Premio ao Belén de Cisneros

Belén Cisneros 2015

Belén Cisneros 2015

Cisneros está de noraboa!!!

O Belén realizado polos alumnos de Infantil, Primaria e ESO do colexio foi recoñecido polo xurado do Concurso de Beléns Públicos de Ourense como o máis creativo.

Cuns anacos de tea, papel, pegamento e moita imaxinación crearon os personaxes principais e incorporaron distintos detalles relacionados con Ourense.

Así, despois de baleiralos, montalos e compoñelos reproducían a San Xosé, A Virxe, o Neno, os Reis Magos xunto a diferentes oficios  realizados por mulleres e homes, sen faltar o afiador, para resaltar a igualdade de ambos sexos; tamén os seus profesores e as Termas  ademais detalles propios deste ano 2015 como un fogo artificial In memoriam de Pirotecnia Abad, o Alcalde e a Concelleira de Educación e Cultura ao carón da árbore de Nadal da Praza Maior así como o avión  recentemente bautizado co nome de Auria.

A obra complétase con animais e co Carro do Xocas, como símbolo do cofundador do Colexio, e cunha cantiga que os nenos rapean resumindo o seu traballo e desexando un feliz 2016.

Parabéns!

A nova …

Na web do Concello de Ourense

Nos xornais…

La Región, 8 de xaneiro de 2016

16-01-08-Región

La Voz de Galicia, 8 de xaneiro de 2016

16-01-08-Voz

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: