Cisneros Día da Paz 2016

16-01-29-Paz (34) (Copiar)

Alumnos de Cisneros de once nacionalidades distintas, con distintos orixes, variadas relixións e múltiples culturas reuníronse para conmemorar o Día Escolar da Paz e non Violencia.

Esto acontecía o 29 de xaneiro de 2016 xa que o día propio da celebración, o 30, coincidía a sábado. Houbo unha introdución sobre o significado do símbolo da Paz que todos levaban que deu paso ás actuacións.

Alumnos da ESO ao son da Lambada cantaron unha letra feita por eles e os seus compañeiros en lingua galega para esta xornada, compartindo a súa vivencia de tolerancia no centro e o desexo de paz, amor e igualdade.

Despois foron os máis cativos con abrazos e baile incluidos, Alba e Noemi seguiron, para dar paso a alumnos de Primaria cantando en inglés e español varios temas para rematar cunha interpretación de Imagine coreada polos asistentes e a solta de globos.

Fermosas actuacións para plasmar os desexos dos rapaces e rapazas de Cisneros dun xeito lúdico e diferente.

O noso agradecemento aos profesores e os alumnos que o fixeron posible! Parabéns!

 Álbum de fotos Día da Paz Cisneros 2016

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: