CARDENAL CISNEROS OURENSE

Cisneros no Día de Rosalía 2016

Posted on: Febreiro 23, 2016

20160223_133836 (Copiar)

Os alumnos do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense homenaxean a Rosalía de varios xeitos:

  • Ás 10:15 h alumnos da ESO farán un envío masivo duns versos de Rosalía a través das redes sociais.
  • Ás 12 h alumnos de Cisneros e membros da Miño acudirán á Oficina Principal de Correos, onde serán recibidos pola directora, para cancelar os seus traballos co cuño turístico que reproduce a fonte das Burgas.  
    Oa rapaces, seguindo a proposta da AELG deseñaron postais cun poema da escritora ilustrado con debuxos; co apoio da Sociedade Miño as palabras de Rosalía voarán nas cartas espallando a obra da poetisa atendendo ao lema da convocatoria deste ano: #mobilizarosalía.

Así o Colexio Cardenal Cisneros, a Oficina Principal de Correos e a Sociedade Filatélica Miño de Ourense únense para conmemorar o Día de Rosalía, centrados na arte postal, forma de expresión artística que consiste en decorar as cartas ou paquetes que circulan a través dos servicios postais.

Deste xeito queren render unha homenaxe a Rosalía de Castro no día en que se conmemora o aniversario do seu nacemento, unindo a cidade de Ourense coa poetisa a través da divulgación das súas obras convertidas en arte postal con sinatura ourensá.

  • Ás 18h únense ao Grupo Rosalauria para facer reparto e lectura de versos de Rosalía e unha ofrenda floral con camelias, a flor de Galicia, ao son do grupo de música tradicional “Mamuxos”.

Serán os que lean o manifesto neste acto da cidadanía ourensá. Todo isto na Rúa Rosalía de Castro de Ourense.

 

Nestes actos os nenos e nenas darán como agasallo unhas flores feitas por eles para o Día de Rosalía 2016.

Cartel Día de Rosalía 2016

Deixar un comentario

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 244.382 visitas