Mafal premio Concurso “Desmonta o alcohol”

Os alumnos de Cisneros participaron no IV Concurso convocado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense “Apúntate unha idea: Desmonta o alcohol” co que se pretende previr o consumo do alcohol na xente nova.

Fixeron lemas, microrrelatos, accións, debuxos e clipmetraxes; un total de 1114 traballos foron presentados por alumnos de 13 centros educativos de Ourense.

Mafal Diallo, foi o gañador do Premio Popular na categoría “Apúntate un clipmetraxe”con “Esquece o alcohol e conxela bos momentos”.

Nun minuto resumiu os estragos que causa o alcohol e animou a “conxelar” bos momentos compartidos con amigos.

Para a realización do traballo solicitou a axuda de compañeiros de Cisneros que participaron na tarefa de gravación fóra das súas horas de clase. Por iso, Mafal cando recolleu o premio da man da Concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, felicitou aos demais premiados, agradeceu a participación dos seus compañeiros, a axuda da súa titora no traballo e as votacións na rede.

Un claro exemplo de que con traballo, vontade, e interese pódese chegar lonxe superando barreiras.

Parabéns Mafal polo teu premio. O traballo ben feito, ben parece.

Nunca perdas a ilusión!

ÁLBUM DE FOTOS DO DÍA

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: