Mafal en Telemiño

O alumno de Cisneros, Mafal Diallo, foi convidado a participar no programa “En buena hora” de Telemiño da man de Beni Bouzada.

Alí foi recibido pola presentadora do mesmo, Tamara Vázquez, que lle agradeceu a súa presenza e mostrouse encantada de coñecelo.

Xa no plató contestou a todas as preguntas formuladas que xiraban ao redor do Premio que acadou co clipmetraxe:

“Esquece o alcohol, conxela bos momentos” no IV Concurso “Desmonta o alcohol, apúntate unha idea” organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense.

Nun minuto resumiu os estragos que causa o alcohol e animou a “conxelar” bos momentos compartidos con amigos.

De novo quixo mostrar o apoio dassúas profesoras Ana e Marila e a de os que xa considera os seus amigos,Beni Bouzada e Dani Pousada.

Explicou a realización do traballo para a que solicitou a axuda de compañeiros de Cisneros que participaron na tarefa de gravación fóra das súas horas de clase, e de novo deulle as grazas ante a audiencia.

A casualidade quixo que coincidira no día con Adrián Vigo, cantante e músico que racha coa barreira da súa discapacidade da man do seu profesor David Taboada.

Todo un cúmulo de emocións que podedes palpar na gravación de Telemiño e as imaxes.

NOTAS:

Ao comezo do programa xa mencionan a Mafal

No minuto 12:55 comeza a entrevista a Beni, Mafal e Marila

No minuto 33 Adrián Vigo

 

Grazas aos que fixeron posible esta experienci inesquecible.

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: