CARDENAL CISNEROS OURENSE

Comeza Proxecto #SenVandalismo Cisneros e APES

Posted on: Xaneiro 19, 2020

O colexio Cardenal Cisneros únese de novo no curso 2019-2020 a iniciativas promovidas pola Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) e a Fundación Barrié. Trátase neste caso do proxecto #SenVandalismo co que se fomentará a conciencia social do alumnado en materia de prevención do vandalismo, formándose como “Investigadores Sociais”.

Nel aplicarase a metodoloxía pedagóxica de aprendizaxe-servizo que permite a docentes e alumnado combinar, co currículo académico, toda a formación adquirida en materia de vandalismo ao mesmo tempo que se implican na realización dunha campaña de sensibilización social sobre a prevención dos danos e riscos que carrexa o vandalismo. Traballarán no proxecto o alumnado, os seus profesores e familias.

Constará de tres fases: unha primeira de investigación da temática; unha segunda onde definirán e deseñarán unha acción social, e finalmente unha terceira fase na cal desenvolverán a acción social deseñada, que estará destinada a sensibilizar sobre a temática que investigaron.

 Os materiais didácticos que se empregarán nas distintas fases do proxecto teñen como característica principal a adecuación ás idades do alumnado e ás materias académicas do curso, e están compostos por fichas de traballo para a aula, fichas para traballar coa familia en casa e material audiovisual elaborado expresamente para motivar aos alumnos a lograr os retos expostos.

 Así mesmo, utilizarase a plataforma dixital de aprendizaxe do centro educativo, como ferramenta para facilitar a comunicación entre docentes e alumnado e para fomentar a participación de pais e nais nas iniciativas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 197.131 visitas
A %d blogueros les gusta esto: