Día mundial da Cultura Africana en Cisneros
Posted Xaneiro 24, 2020
on:Este 24 de xaneiro de 2020 celébrase por primeira vez o Día mundial da Cultura Africana e Afrodescendiente, unha data que busca celebrar a riqueza da cultura africana, os seus ritmos, a súa arte, as súas crenzas, en fin todo o que fai a este continente ser o que é.
Hai moito por aprender, compartir e celebrar polo que a UNESCO alenta a participación.
En Cisneros alumnas africanas poñen en valor a súa procedencia contando detalles do seu país aos compañeiros do centro.
“Celebra as numerosas e vibrantes culturas do continente africano e das diásporas africanas en todo o mundo, e promóveas como instrumento eficaz para o desenvolvemento sustentable, o diálogo e a paz. Por tratarse dunha valiosa fonte de patrimonio común da humanidade, a promoción da cultura africana e dos afrodescendiente é crucial para o desenvolvemento do continente e para a humanidade no seu conxunto.
A UNESCO adoptou, na súa 40ª sesión da Conferencia Xeral de 2019, o 24 de xaneiro como Día Mundial da Cultura Africana e dos Afrodescendientes. Esta data coincide coa adopción da Carta para o Renacemento Cultural de África en 2006 polos Xefes de Estado e de Goberno da Unión Africana. Por tanto, a celebración deste día tenta tamén promover ao máximo a ratificación e implementación desta carta por parte dos Estados Africanos, fortalecendo así o rol da cultura na promoción da paz no continente.”
Fonte: https://es.unesco.org/
#Díamundialdelaculturaafricanayafrodescendiente.
Deixar unha resposta