Aprendendo coa Cruz Vermella
Posted Febreiro 21, 2020
on:O profe Iago con Edgar e Jose da Cruz Vermella
O venres 21 de febreiro de 2020, o noso alumnado aprendeu como actuar ante accidentes nos que poda perigar a vida dunha persoa.
Grazas ao membros de Cruz Vermella puideron coñecer e aplicar os diferentes protocolos de primeiros auxilios como o protocolo PAS (Protexer, Avisar e Socorrer), a Reanimación cardiopulmonar ou o protocolo O.V.A.C.E. para actuar ante afogamentos.
Oxalá nunca os teñamos que por en práctica, pero de ser o caso, estaremos máis preto de salvar unha vida!
Unha actividade promovida polo profe de Educación Física, Iago, que está incluida no Plan Proxecta da Xunta de Galicia “Mobilidade Sostible e Segura” e no proxecto europeo Stars nos que participa Cisneros no curso 2019-2020.
Deixar unha resposta