Axenda para adolescentes confinad@s
Posted Abril 8, 2020
on:Con motivo da alerta sanitaria, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publicou unha “Axenda para adolescentes confinad@s”, que ten por obxectivo proporcionar pautas para esta etapa evolutiva.
Desde a Sección de Psicoloxía Educativa, responsable desta publicación en formato infografía, explican que afrontar o confinamento partindo dunha actitude positiva e fomentar as fortalezas dos mozos e mozas serán necesarios neste momento de espera.
Etiquetas: COPG
Deixar unha resposta