Reto 6: Escribir unha carta
Posted Abril 15, 2020
on:Dende o Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, propoñemos un reto: Escribir unha carta.
Dada a situación que nos toca vivir, hai moitas persoas que o están pasando mal, tal vez estea soa nunha habitación de hospital polo Coronavirus, sen contacto físico con ninguén; unha situación moi difícil de soportar psicolóxicamente.
E hai outras que están poñendo en risco a súa vida para que os demais poidamos ter alimentos, estar ben coidados nos hospitais, nas Residencias de Anciáns,… estar protexidos na rúa, … Son o persoal sanitario, traballadores de supermercados e da Praza de Abastos, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, …
Como podemos axudar nós?
Escribindo unha carta que sexa fonte de esperanza, que dea ánimo a loitar pola vida e seguir cara adiante, a superar as dificultades aos que están afectados do COVID 19 ou unha carta de agradecemento aos que están poñendo a súa en risco por coidar da nosa.
Hai varios refráns que nos lembran que todo vai sair ben, que mellorará a situación; por exemplo:
Así que mans á obra e a escribir unha fermosa carta que para alguén será unha boa medicina.
Unhas pautas para elaborala:
- Estaría ben que primeiro vos presentarades dicindo algo así:
Hola! Son ….. teño … anos e son alumno do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense. - Podedes…
- escribila a man ou no ordenador.
- decorala e deixala moi bonita con fermosos debuxos.
- Tedes que facerlle unha foto e enviala por correo electrónico a cisnerosourense@gmail.com o por calquera outro medio dos que xa sabedes.
- Farémoslla chegar aos destinatarios.
Deixar unha resposta