Cisneros celebra Día da EF na rúa (este ano na casa) #DEFR2020 #DEFC2020
Posted Abril 28, 2020
on:O Día da Educación Física na Rúa (DEFR) 2020 quería mostrar a miles de persoas a actual EF: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores. As cifras de adhesión ao #DEFR2020 superaron as da edición anterior hai semanas, alcanzando a día 15/04/2020 os 650 centros educativos e máis de 100.000 alumnos/as.
Actualmente este día reúne a estudantes, profesores e voluntarios de toda España e os fai protagonistas baixo o lema “Estilo de Vida Activo para tod@s e para sempre”. A promoción e a divulgación corre a cargo do Consejo COLEF e os Colexios Profesionais da Educación Física e o Deporte autonómicos, e que asesoran aos centros e docentes que desexen participar.
Cumpre o seu décimo aniversario, desde que en 2011 se celebrase o primeiro DEFC, pero nesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de casa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.
Cisneros adheriuse a iniciativa grazas ao profe Iago que ademais creou un vídeo para darlle as pautas ao alumnado para facer EF na casa con obxectos cotiás. Grazas profe!!
Deixar unha resposta