Falece D. Marcelino Dalama Miranda
Posted Abril 28, 2020
on:
Temos que compartir a triste nova do pasamento de D. Marcelino Dalama Miranda o día 27 de abril de 2020.
D. Marcelino fora Director do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense ata a súa xubilación. Profesor dende os inicios do centro na súa ubicación da Rúa Pardo Bazán da cidade, impartiu clases de Historia, Galego, … mais a maioría das alumnas e dos alumnos darán conta del como o profesor de francés.
Lembrarémolo sempre elegante coa súa gravata, impecable, metódico, …
Cumprindo a normativa sanitaria, por seguridade e prevención foi soterrado na súa terra natal; unha vez finalizado o protocolo do estado de alarma anunciaremos a celebración da misa funeral.
Descanse en Paz D. Marcelino!
Sempre presente no noso corazón!
Deixar unha resposta