CARDENAL CISNEROS OURENSE

Cisneros na revista Nós, a xente do redor

Posted on: Maio 28, 2020

Os alumnos de Cisneros, Isabelly e Dani de 6º de Primaria colaboraron no Nº 1 da nova revista cultural “Nós, a Xente do Redor”. Son os únicos menores participantes ao carón de recoñecidos escritores, poetas, pintores, artistas, …

E alguén máis relacionado con Cisneros na publicación: a profesora Marila Abad, e ex-alumnos: Miguel Ángel Martínez Coello, Marcos Pardo e o diseñador da revista Miguel Blanes.

Un orgullo para o centro!!

O 27 de maio de 2020 os alumnos foron recoller o seu exemplar impreso acompañados da profe. Felices vémolos nas imaxes acompañados de Avelino Jácome.

Versión dixital do Nº1 “Nós, a Xente do Redor”:

 

E para saber un pouco máis da revista:

“Cando se cumpren cen anos, daquel nacemento, da revista NOS, cando o prodixio xurdiu na cidade dos afiadores e das Burgas, a Atenas Galega, fai un seculo daquela loita, e despois tamén dunha pandemia, como resposta a dureza e a crise reinventándose. Un novo rexurdir (hoxe no 2020) das letras, sae desta pandemia tan rara, a cultura non pode quedar parada, senon morrerá o mellor da humanidade.

Desta filosofía nace “Nos, a Xente do Redor”, o primeiro número virtual, xa se pode ollar, de balde e nas redes sociais. Tamén se pode solicitar impreso cun custe de 5 euros que se usarán para poder editar o segundo. Máis de 20 autores colaboran neste primeiro numero: pintores, escultores, poetas, fotógrafos, deseñadores,…

Firmas como Miguel Ángel Martínez Coello, Paco Ascón, Marina Sánchez, Avelino Jácome Iglesias, Purificación Pasionaria Quintas, Marcos Pardo, Manuel Blanco Villar, Miguel Blanes, Pepa Alvarez Gómez, Tony Ferrer, Fina Cruz, Marila Abad, Antonio Martínez Coello, Avelino Jácome Dobarro, Isabelly Victoria Carmo Valverde, Daniel Sutil Moreira, María Rosa González Méndez, José Ramón Fernández Morgade, Pablo Cid e Berta Dobarro.

Dende cativos de oito anos, ata mozos dos oitenta colaboran neste proxecto que pretende un novo rexurdir desa cultura do pobo, una estrella que escintile no ceo de Ourense, nace con vocación de quedarse.

(Periódico os Barrios, 17 de maio de 2020)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 197.131 visitas
A %d blogueros les gusta esto: