CARDENAL CISNEROS OURENSE

Cisneros na presentación oficial da revista “Nós, a Xente do Redor”

Posted on: Xuño 12, 2020

O 11 de xuño de 2020 presentábase oficialmente a revista cultural “Nós, a Xente do Redor” na Galería Ferrer da cidade de Ourense.

Unha revista que nace no confinamento cando se cumpren 100 da publicación do primeiro número da revista “Nós” soñada en primavera de 1920 nas terrazas do Café Méndez Núñez de Pontevedra por Vicente Risco, Castelao, Ramón Cabanillas e Losada Diéguez e que se concretou en Ourense porque era lugar de singular ánimo galeguista.

Unha homenaxe a ese legado rende a nova revista no seu nome, unindo ao seu redor a homes e mulleres que aman a cultura e que queren mantela viva e activa. Entre eles, varios relacionados con Cisneros: Isabelly V. Carmo e Dani Sutil de 6º de Primaria a profesora Marila Abad, e ex-alumnos: Miguel Ángel Martínez Coello, Marcos Pardo e o diseñador da revista Miguel Blanes. Ao lado de firmas como Paco Ascón, Marina Sánchez, Avelino Jácome Iglesias, Purificación Pasionaria Quintas, Manuel Blanco Villar, Pepa Alvarez Gómez, Tony Ferrer, Fina Cruz, Antonio Martínez Coello, Avelino Jácome Dobarro, María Rosa González Méndez, José Ramón Fernández Morgade, Pablo Cid e Berta Dobarro.

Toda unha honra para o noso cole que Avelino contara connosco.

E na presentación estiveron os participantes acompañados dun bo grupo de amigos entre os que se encontraba o director do centro, Beni López Feijoo.

Momentos emotivos que permanecerán nos nosos corazóns.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 197.131 visitas
A %d blogueros les gusta esto: