Semana da mobilidade
Posted Setembro 23, 2020
on:
A Semana Europea da Mobilidade, celébrase do 16 ao 22 de setembro de 2020; é unha campaña dirixida a sensibilizar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.
O alumnado de Cisneros decidiu mostrar as súas inquedanzas plasmando en debuxos o seu desexo de ter unha cidade sen coches con moitas zonas nas que poder xogar e compartir momentos cos amigos con seguridade.
O 22 é o Día da cidade, Sen coche!, por iso pedían unha mobilidade sen emisións: camiñando, usando a bici, o patinete, os patíns, …
Deixar unha resposta