Cisneros recibe premios de poesía
Posted Novembro 15, 2020
on:O 14 de novembro de 2020 alumnas de Cisneros acompañadas da profe Marila acudiron ao Salón Noble do Liceo de Ourense.
Alí, o Círculo Poético Ourensán organizou a gala de entrega de Premios do 9° Concurso de Poesía e a entrega do libro aos gañadores da edición pasada. A causa de la Covid-19 houbo límite de aforo, e só puideron asistir algúns dos galardonados.
Thaienny Bochi acadou o 2º premio categoría primaria; Zaida Hermida, 4º premio categoría ESO e Isabelly Carmo foi finalista.
Os diplomas e libros dos compañeiros recolleunos a profe para entregalos no centro. Cousas da pandemia!!!
Parabéns ao alumnado participante!!











Deixar unha resposta