25 de novembro: Pinta o mundo de laranxa
Posted Novembro 25, 2020
on:O 25 de novembro de 2020, o alumnado de Cisneros pintou o Mundo de laranxa para por fin á violencia contra as mulleres.
Unímonos á campaña proposta polo Secretario Xeral das Nacións Unidas: ÚNETE de aquí ao 2030 para poñer fin á violencia contra as mulleres (campaña ÚNETE), xestionada por ONU Mulleres.
“Pinta o mundo de laranxa:
¡Financiar, responder, previr, recolectar!”
Algúns crearon bolboretas de cor laranxa, outros botaron follas que o outono puxo de cor laranxa; algúns pintaron o Mundo de laranxa coas súas mans,, outros escribiron mensaxes, …
Unha xornada para a reflexión e a concienciación.








Deixar unha resposta