Mensaxe do Apalpador
Posted Decembro 22, 2020
on:O Apalpador mandou unha fermosa mensaxe ao Colexio Cardenal Cisneros.
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galicia xa habitaba a figura mítica do Apalpador.
O Apalpador é un home de barba loura , un ancián xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para soportar o frío do inverno.
Na noite do 24 de decembro baixa até as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos que dormen entre as mantas e lles apalpa as barrigas para ver se os nenos están ben alimentados.
Dálles un bico na fazula e déixalles un puñado de castañas para que non pasen fame e algún xoguete feito coa madeira que recolle.
Moitas grazas Apalpador!!
A seguinte é una canción sobre o Apalpador recollida en decembro de 1994 en Romeor de Caurel (Lugo):
Vaite logo meu neniño, marcha agora para camiña. Que vai vir o Apalpadora palparche a barriguiña. ············· Xa chegou o día grande, día do noso Señor. Xa chegou o día grande, E virá o Apalpador. ············· Mañá é día de cachela, que haberá gran nevarada e ha vir o Apalpador cunha mega de castañas. ············· Por aquela cemba, xa ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aguinaldo. |
Deixar unha resposta