Cisneros protagonista en filatelia
Posted Xaneiro 15, 2021
on:Alumnos e ex alumnos de Cisneros de novo, protagonistas no mundo da filatelia.
Alumnos e ex alumnos do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense volven ser protagonistas no mundo da filatelia. Por unha banda, as súas primeiras coleccións feitas a man forman parte da primeira exposición do 2021 organizada pola Sociedade Filatélica Miño no espazo expositivo que a Deputación ten no edificio de Correos: “A miña primeira colección manuscrita”.
Coleccións de nenos e nenas creadas en infantil ou primaria coas súas temblorosas letras como “Coloreando” dun taller de Cisneros; outras como “Movéndonos sobre catro rodas”, primeira colección de Jero González que na actualidade ten unha titulada “Rota”, a primeira colección xuvenil galega que participou nunha competición internacional. E outras como as primeiras de Alba e Tiago Feijoo que tratan “Flores” e “Quero ser bombeiro” que van remodelar e ampliar para o Campionato de España de Filatelia Xuvenil de 2021.
Na inauguración oficial, con aforamento limitado, estiveron presentes a Deputación co seu Vicepresidente Rosendo Fernández, a Sociedade Miño co seu Presidente José Barros, a FEGASOFI coa súa secretaria, Marila Abad profesora de Cisneros, Correos co director da Oficina Principal Orlando Cid, o director adxunto, José Pérez e o Xefe de Sector, Benito Gómez.
Ademais fíxose a entrega de premios da participación en Timbres Passion 2020 celebrada en Moulins (Francia) para a que fosen seleccionados dezaseis colecciones españolas e delas, cinco de mozos ourensáns, tres deles do colexio: os xuvenís galegos máis laureados, Jero González e Álex López saídos da canteira de Cisneros, e a alumna do mesmo centro 1º ESO Isabelly Carmo que presentou unha colección relacionada coa seguridade viaria titulada “La ciudad de los niños”.
Un novo éxito filatélico con selo ourensán e cuño de Cisneros!


La Voz de Galicia e La Región do 15/1/2021 recolleron o evento

Deixar unha resposta