Día da Paz 2021 en Cisneros
Posted Xaneiro 30, 2021
on:Alumnas e alumnos de Cisneros desenvolveron distintos traballos para conmemorar o Día Escolar da Paz e non violencia 2021.
Por unha banda, os máis peques quixeron recordarnos que tamén podemos aplicalo ao tráfico, cando circulamos pola rúa ou imos nun vehículo para así pacificar a cidade.
A revista da Dirección Xeral de Tráfico recolle a actividade. Podedes vela no seguinte enlace:
http://revista.dgt.es/es/educacion-formacion/noticias/2021/0129-Dia-Paz-Escolar.shtml#.YBWxJxZ7lPZ
Outros decidiron empregar papel de cores e coa técnica do origami crearon unha chea de bolboretas coas que construiron un símbolo da Paz.
O lema escollido foi :
” A Paz é coma unha bolboreta que,
cando se ve perseguida, escapa sempre máis alá do teu alcance,
pero que, se te sintes tranquilo, pode vir posarse sobre ti.”
Algúns máis decoraron símbolos da Paz que se reuniron na entrada do centro. E alí … a fotografarse!!







“A Paz é o camiño” outro dos lemas traballados.
Deixar unha resposta