Día Internacional do Deporte
Posted Abril 6, 2021
on:O 6 de abril conmemórase o Día Internacional do Deporte para o desenvolvemento e a Paz, o profe de Educación Física do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, Borja, quixo lembrar este día no 2021; recolleu algunhas imaxes do alumnado facendo exercicio.
“O deporte ten o poder de cambiar o mundo e historicamente desempeñou un papel importante en todas as sociedades, xa sexa en forma de competicións deportivas, de actividade física sen máis ou mesmo de xogos. É un dereito fundamental e unha ferramenta poderosa para fortalecer os lazos sociais e promover o desenvolvemento sustentable, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto.
A través das nosas habilidades individuais únicas e o noso poder colectivo, podemos unirnos e compartir formas creativas para mellorar a nosa saúde e benestar a través do deporte e a actividade física.
Neste día pedímosvos que vos manteñades activos, sans e solidarios nestes tempos de distanciamento físico e social. O espírito de equipo axudaranos a superar xuntos a incerteza e as dificultades actuais.”
https://www.un.org/
Deixar unha resposta