CARDENAL CISNEROS OURENSE

Presumindo de ex-alumno: Trincado

Posted on: Xuño 8, 2021

Jesús José Gonzalez Trincado foi alumno de Cisneros nos inicios do centro na rúa Pardo Bazán de Ourense.

No Rincón do ex-alumno aparecen varias intervencións e algunha imaxe do seu paso polo centro cando o representou con gran éxito nas competicións de atletismo.

Trincado, natural de Vilela-A Rúa (Ourense) viviu en Toledo, Ourense, Madrid e Cantabria e actualmente está afincado en Asturias. É un polifacético artista surrealista que abarca: a pintura ao óleo, acuarela, aguadas, guaches, debuxos a plumilla, gravados e escultura en madeira. Pero nesta ocasión achegouse á cidade para mostrar a súa faceta de poeta.

O 8 de xuño de 2021 recitou os seus poemas nunha das tardes de poesía organizadas polo Círculo Poético Ourensán. Alí abriu o seu corazón e a súa alma a través das palabras que encheron a sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.

Un pracer escoitalo a través de ” Entre Anhelos y Amores ” e ver como no seu recital incluía un poema escrito durante a súa estancia en Cisneros.

Emocións, sentimentos, maxia, … Fermosas lembranzas!!

Parabéns!!!

Trincado foi presentado pola poeta María Glez.

María Glez. , Jesús G. Trincado e Marila Abad na entrada do Centro Cultural Marcos Valcárcel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 208.698 visitas
A %d blogueros les gusta esto: