CARDENAL CISNEROS OURENSE

Archive for the ‘General’ Category

No Xornal Escolar do 30 de xuño de 2021, dedícannos unha páxina completa a Cisneros pola visita do Poli Marchoso; xunto a Peonín 30 foron a ledicia do alumnado.

Fermosa xornada viaria!!!

#CisnerosOurense #BeniBouzada #Peonin30

O alumnado de Primaria tamén celebrou o fin do curso 2020-2021 con distintas actividades; entre elas houbo concursos, recollida de Premios de poesía, Diplomas de Graduación, …

Unha xornada diferente para despedirse ata o próximo curso de profes ecompañeiros.

Parabéns nenas e nenos polo traballo realizado!!!

Para o próximo ano, mási e mellor!!

En plena actuación do Poli Marchoso aparece, de súpeto, Peonín 30 e interactúan como se se coñecesen de toda a vida.

É raro… pois era a súa primeira vez!!!

Graciñas aos dous polas ensinanzas que deixastes no noso alumnado.

Haberá que repetir!!!

O alumnado de Educación Infantil celebrou a súa graduación. Nela estiveron acompañados polo profesorado e polos irmáns maiores que disfrutaron con eles deste especial momento.

Parabéns!!!

Os alumnos de 4º ESO chegaron ao remate da su etapa de ensino obrigatorio; recibiron agasallos e as emocións do momento quedaron plasmadas en imaxes.

Parabéns!!! e noso agradecemento por ternos elixido.

Apertas mil!!!

Botade unha ollada!!!

Un grupiño de alumnas e alumnos decidiron percorrer ás beiras do Miño e descubrir pequenos recunchos con gran encanto da man da profe Ana.

Camiñar é un exercicio aeróbico con moitos beneficios: mellora a circulación, o estado de ánimo , o sono, potencia la concentración, prolonga a vida,… Para nós foi algo máis: unhas de convivencia na que nos coñecemos

Unha tarde divertida e enriquecedora na que os participantes aprenderon dun xeito diferente, malia que xa rematara o curso escolar.

Para o curso que vén, máis!!

O 18 de xuño de 2021, Cisneros converteuse na sede do I Encontro do Poli Marchoso, que chegou procedente de Oviedo co noso Peonín 30.

Ambos foron recibidos como heroes no centro cunha presentación realizada polo alumnado; despois todo foi unha festa con numerosas e variadas actividades de seguridade viaria dirixidas por José Vázquez Suárez e Beni Bouzada, organizador desta actividade e membro de FETEVI, Federación de Técnicos de Educación Viaria en Galicia.

O alumnado de Infantil, cantou o son de “Mi sillita”, “Al cole Caminado”, … sen esquecerse da ranita “Clic, Clic”, que por certo, tivo descendencia e unha delas vai para Oviedo e outra foi para a o próximo bebé da Profe Patri.

Os da ESO encargáronse do decorado e presentaron as conclusión de trabalos previos feitos con Beni, Os de Primaria fixeron a presentación dos dous e un grupo de alumnos de 1º da ESO foron os que remataron cunha pequena homenaxe ao noso Beni, o nos Peonín 30 que tanto nos axuda coa educación viaria.

Unha fermosa xornada chea de momentos inesquecibles.

Botade unha ollada ás imaxes!!

Continuará…

Xa podes ir tomando nota da Escola de Verán Cisneros 2021.

Haberá moitas sorpresas!

Anímaste??

Podes descargar a ficha de inscrición no seguinte enlace:

FICHA INSCRICIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN CISNEROS 2021

#EscolaDeVeran #Campamento #CisnerosOurense

O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies.

Os océanos representan o gran pulmón do mundo, xa que deles obtemos o osíxeno, e no seu ciclo natural dáse un proceso de filtración e purificación do aire. Ademais, o océano alberga a maior parte da biodiversidade.

Este ano 2021, o tema elixido é : “O Océano: vida e medio de subsistencia”

En Cisneros escollemos, para representar o día, o diorama de caixa, feito por Shaila de 3º ESO, no que aparece un fermoso océano azul como medio de subsitencia sostible.

#DiaMundialdelosOceanos #DiadelosOceanos #Oceanos #WorldOceansDay2021.


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 206.539 visitas